Calcitriol

Calcitriol ou 1,25-dihidroxicolecalciferol.
Número CAS: 32222-06-3.
Nome IUPAC: (1R,3S)-5-[2-[(1R,3aR,7aS)-1-[(2R)-6-hidroxi-6-metil-heptan-2-il]-7a-metil-2,3,3a,5,6,7-hexahidro-1H- inden-4-ilideno]etilideno]-4-metilideno-ciclohexano-1,3-diol.

O calcitriol (DCI) ou 1,25-dihidroxicolecalciferol ou 1,25-dihidroxivitamina D3, é a forma hormonalmente activa da vitamina D. É unha molécula de natureza esteroide (secosteroide) que ten tres grupos hidroxilo e pode abreviarse como 1,25-(OH)2D3 ou 1,25(OH)2D).[1] Como a molécula básica colecalciferol ten xa un grupo OH, só se especifican as posicións dos outros dous grupos OH do calcitriol, situados nas posicións 1 e 25 (por iso se chama tamén 1,25-dihidroxicolecalciferol). Actúa incrementando o nivel de calcio (Ca2+) no sangue de tres xeitos: (1) incrementa a captación de calcio no intestino para que pase ao sangue, (2) diminúe a transferencia de calcio do sangue á urina nos riles, e (3) incrementa a liberación de calcio dos ósos ao sangue.[2]

  1. "Nomenclature of Vitamin D. Recommendations 1981. IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN) Arquivado 23 de agosto de 2017 en Wayback Machine." reproduced at the Queen Mary, University of London website. Retrieved 21 March 2010.
  2. Voet, Donald; Voet, Judith G. (2004). Biochemistry. Volume one. Biomolecules, mechanisms of enzyme action, and metabolism, 3rd edition, pp. 663–664. New York: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25090-2.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy