Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Valle del Cauca | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.471.474 (2018) (4.382,05 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 564 km² | ||||
Bañado por | Cali River (en) | ||||
Altitude | 1.018 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Sebastián de Belalcázar | ||||
Creación | 1536 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the mayor of Cali (en) | ||||
• Alcalde | Jorge Iván Ospina (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | city council of Cali (en) Circunscrición: 0, (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 2 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cali.gov.co |
Cali, oficialmente, Santiago de Cali[1], é a capital do departamento de Valle del Cauca,[1] e a terceira cidade máis poboada de Colombia. Está situada na rexión Sur del Valle del Cauca, entre a cordilleira occidental e a cordilleira central dos Andes. A cidade forma parte da Área Metropolitana de Cali, xunto cos concellos achegados a esta.[2] Foi fundada o 25 de xullo de 1536 por Sebastián de Belalcázar, o que a converte nunha das cidades máis antigas de América.
A cidade é un dos principais centros económicos e industriais de Colombia, ademais de ser o principal centro urbano, cultural, económico, industrial e agrario do suroccidente do país e o terceiro a nivel nacional. Como capital departamental, acolle as sedes da Gobernación del Valle del Cauca, a Asemblea Departamental, o Tribunal Departamental, a Fiscalía Xeral, Institucións e Organismos do Estado, tamén é a sede de empresas oficiais como a municipal EMCALI.
É o principal centro deportivo de Colombia, salientando a organización de importantes eventos deportivos como os Xogos Panamericanos de 1971 e os Xogos Mundiais de 2013. É coñecida como «a capital mundial da salsa».[3][4][5]