Camberra

Modelo:Xeografía políticaCamberra
Canberra (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°17′35″S 149°07′37″L / -35.2931, 149.1269
EstadoAustralia
Mainland territory of Australia (en) TraducirTerritorio da Capital Australiana Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación381.488 (2014) Editar o valor en Wikidata (808,61 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie471,78 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Burley Griffin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude578 m Editar o valor en Wikidata
Creación12 de marzo de 1913 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2600–2617 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico0251, 0252, 0261 e 0262 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Monterrey
Brasilia
Nara (1993–)
Yangzhou (1997–)
Hangzhou (1998–)
Pequín (2000–)
Dili (2004–)
Wellington City (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webact.gov.au Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460643

Camberra[1][2][3][4] (en inglésCanberra) é a capital de Australia, e cunha poboación de 410 300 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte do Territorio da Capital Australiana, 280 km ao suroeste de Sidney, e 650 km ao nordeste de Melbourne. A territorio de Camberra foi elixido como sede da capital do país en 1908 tralo acordo entre as cidades de Sidney e Melbourne, a dúas cidades maiores de Australia. Camberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto de Chicago, Walter Burley Griffin quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Camberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados pola primeira e segunda guerra mundial e a Gran Depresión, Camberra emerxeu como unha cidade próspera trala fin da segunda guerra mundial.

Parlamento de Australia.

Como sede do goberno de Australia, en Camberra atópanse a Parlamento, o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe do PIB do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Camberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais.

Academia das Ciencias

Camberra divídese en distritos:

  • North Canberra, construíuse primordialmente entre as década de 1920 e 1930, medrando na de 1960, hoxe comprende 14 barrios
  • South Canberra, desenvolveuse entre os anos 1920 e 1960, 13 barrios
  • Woden Valley, construción desde 1963, 13 barrios
  • Belconnen, construción desde 1967, 25 barrios
  • Weston Creek, construción desde 1969, 8 barrios
  • Tuggeranong, construción desde 1974, 19 barrios
  • Gungahlin, construción desde os anos 1990, 18 barrios mais só 12 desenvolvidos ou en desenvolvemento
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camberrano.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in