កម្ពុជា (km) | |||||
Himno | Nokoreach | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «ជាតិ សាសនា ព្រះមហាក្សត្រ» «Teyrnas Syfrdandod» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Phnom Penh | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.005.373 (2017) (88,41 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua khmer | ||||
Relixión | budismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 181.035 km² | ||||
Punto máis alto | Phnum Aoral (pt) (1.813 m) | ||||
Punto máis baixo | Golfo de Tailandia (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 9 de novembro de 1953 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
• Rei | Norodom Sihamoni (2004–) | ||||
• Primeiro ministro | Hun Manet (pt) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Cambodia (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 26.961.061.152 $ (2021) | ||||
Moeda | riel camboxano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kh | ||||
Prefixo telefónico | +855 | ||||
Teléfono de emerxencia | 119, 117 e 118 | ||||
Código de país | KH | ||||
Camboxa,[1][2][3] ou Cambodia[4] oficialmente Reino de Camboxa (khmer: ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា, Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea), é un país asiático situado en Indochina, limita ó norte con Laos, ó leste e ó sur co Vietnam, ó oeste co Golfo de Tailandia e ó oeste e ó norte con Tailandia.
O estado soberano de Camboxa ten unha poboación de máis de 15 millóns de habitantes. O budismo está consagrado na constitución como a relixión estatal oficial e é practicado por máis do 97% da poboación. Os grupos minoritarios de Camboxa inclúen vietnamitas, chineses, chams e 30 tribos dos outeiros.[5] A capital e a cidade máis grande é Phnom Penh, o centro político, económico e cultural de Camboxa. O reino é unha monarquía constitucional electiva cun monarca, actualmente Norodom Sihamoni, elixido polo Consello Real do Trono como xefe de Estado. O xefe de goberno é o Primeiro ministro, actualmente é Hun Sen, un dos líderes non reais máis antigos no sueste asiático, gobernando Camboxa desde 1985.