Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | atletismo |
Organizador | Asociación Europea de Atletismo |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1934 – |
Período de ocorrencia | 2 |
O Campionato de Europa de Atletismo (en inglés European Athletics Championship) é un evento atlético periódico organizado pola Asociación Europea de Atletismo (European Athletic Association, EAA) que se celebra, inicialmente cada catro anos e desde 2010 cada dous, nunha cidade previamente designada.
A primeira edición celebrouse en 1934 en Turín, Italia, e ata o 2021 celebráronse 24 edicións. En 1942 non se disputou o campionato por mor da segunda guerra mundial. A edición de 2020, que se había celebrar en París, foi cancelada por culpa da pandemia de coronavirus.