Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Estado do Paraná | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 136.327 (2022) (109,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.249,422 km² | ||||
Altitude | 956 m | ||||
Comparte fronteira con | Castro (pt) Campo Magro (pt) Curitiba Itaperuçu (pt) Balsa Nova (pt) Ponta Grossa Araucária (pt) Palmeira (pt) | ||||
Creación | 1870 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 41 | ||||
Código de concello do Brasil | 4104204 | ||||
Páxina web | campolargo.pr.gov.br |
Campo Largo é unha cidade do estado brasileiro de Paraná. A súa poboación estimada no 2010 era de 112.486 habitantes. Atópase ó sueste do estadoestado e pertence á Rexión Metropolitana de Curitiba.
A sede ten unha temperatura media anual de 16,5 °C e na vexetación do concello predomina a foresta ombrófila mista. En relación á frota automobilística, no 2009 foron contabilizados 46 011 vehículos. Cunha taxa de urbanización de 83,23%,[1] o concello contaba, no 2009, con 97 establecementos de saúde. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) é de 0,774, considerando como medio en relación co estado.
A cidade de Campo Largo foi desmembrada de Curitiba na década de 1870. A orixe da súa etimoloxía está na xeografía e denota a lonxitude dos horizontes da rexión na época da fundación do concello. Os habitantes naturais do concello de Campo Largo son chamados campo-larguenses.
É coñecido como "Capital da Louça" por mor da produción e exportación dese material. É sede de empresas como a Incepa, Porcelana Schmidt, Germer e Lorenzetti cuxos produtos son coñecidos internacionalmente. O concello é a sede dunha das fontes de auga mineral, a Ouro Fino.
O concello posúe os distritos de Bateias, Três Córregos, São Silvestre e Ferraria, e subdivididos por 147 barrios, vivendas sociais e residenciais.