Can

Can
Rango fósil: Plistoceno – Actualidade

Labrador retriever, a raza máis rexistrada no 2009 polo American Kennel Club
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Especie: Canis lupus
Subespecie: C. l. familiaris[1]
Nome trinomial
Canis lupus familiaris[1]
Sinonimia

O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual que os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antergo similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos.[2]. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.

As probas arqueolóxicas demostran que o can estivo en convivencia próxima cos humanos desde hai polo menos 9.000 anos, pero posiblemente desde hai 14.000 anos.[3] As probas fósiles demostran que os antepasados dos cans modernos xa estaban asociados cos humanos hai 100.000 anos.[4] Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo, están os cans chihuahuas, que miden apenas unhas polgadas, en oposición aos grandes cans San Bernardo ou ao mastín. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. De igual xeito que os humanos, son unha especie moi sociable e cazan en grupo.

A media de vida é de 12 anos, cada ano do can semella uns sete anos humanos, aínda que non é unha fórmula exacta.

  1. 1,0 1,1 Bucknell.edu, ed. (2005). "Mammal Species of the World – Browse: Canis lupus familiaris" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 12 de marzo 2012. 
  2. Lindblad-Toh, K; et al. (2005). "Genome sequence, comparative analysis and haplotype structure of the domestic dog". Nature (en inglés) 438: pp. 803–819. Consultado o 22 de agosto de 2009. 
  3. Scott, John Paul (1965). University of Chicago Press, ed. Dog behavior;: The genetic basis. ISBN 0-226-74338-1. 
  4. abc.net.au, ed. (26-03-2002). "Humans live a dog's life" (en inglés). Consultado o 07-04-2007. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy