Cancro de ovario | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Tumor mucinoso de ovario visto baixo o microscopio. | |
DiseasesDB | 9418 |
MedlinePlus | 000889 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O cancro de ovario é un tumor maligno que nace en calquera das partes do ovario. O ovario é un órgano moi complexo que pode ser asento de numerosos tumores de moi distinto rango morfolóxico, algúns dos cales están dotados de función hormonal, o que xustifica a gran variedade de clasificacións. A localización máis frecuente é no epitelio que recobre o ovario.[1] Tamén se desenvolve a partir das células xerminais ou do tecido conectivo arredor do ovario.[2] O risco de padecer cancro de ovario relaciónase directamente con anomalías nos xenes BRCA1 e BRCA2.[3] Polo xeral, o cancro de ovario non produce síntomas.[4] É por isto que a maioría dos casos detéctanse cando a doenza xa está avanzada e continuada, pero se se detecta en etapa temperá pode mellorar o prognóstico.[5]