Canzorro

Canzorro da igrexa de San Pedro de Ansemil.

En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza sen apoio inferior —de calquera material— que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel.[1][2]

Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canzorro.
  2. "bUSCatermos; canzorro". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-08-27. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in