Capilar Vaso capilar | |
---|---|
Imaxe de microscopio electrónico de varrido dun capilar cun glóbulo vermello no seu interior no tecido pancreático. A parede do capilar consta de células endoteliais delgadas e longas, conectadas por unións herméticas. | |
Ilustración simplificada dunha rede capilar (carece de esfínteres precapilares, que non están presentes en todos os capilares.[1]). | |
Latín | vas capillare (Terminologia Histologica 3 09 02.0.02001)[2] |
Os capilares son os vasos sanguíneos (e linfáticos) máis pequenos do corpo, que constitúen a rede de vasos da microcirculación. A súa parede está formada por un endotelio dunha soa célula de grosor. Estes microvasos, que miden de 5 a 10 micrómetros (µm) de diámetro, conectan as arteríolas e vénulas, e posibilitan o intercambio de auga, oxíxeno, dióxido de carbono, e moitos nutrientes e substancias residuais entre o sangue e as células dos tecidos[3] que os rodean. Os capilares linfáticos conectan cos grandes vasos linfáticos para drenar a linfa recollida na microcirculación.
Durante as etapas iniciais da embrioxénese[4] fórmanse novos capilares por un proceso chamado vasculoxénese, que é o proceso da formación de vasos sanguíneos que ten lugar por medio da produción de novo de células endoteliais que despois forman os tubos vasculares.[5] O termo anxioxénese refírese á formación de novos capilares a partir de vasos sanguíneos preexistentes e endotelio xa presente, que se divide.[6]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Sakai 13