Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Alcume | La Sultana del Ávila, La Sucursal del Cel e La Ciutat dels sostres vermells | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Venezuela | ||||
Distrito capital | Distrito Capital (pt) | ||||
Concello | Libertador (pt) | ||||
Capital de | Venezuela Estados Unidos da Venezuela (pt) Estado da Venezuela (pt) Distrito Capital (pt) Libertador (pt) Q5410691 | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.245.744 (2017) (2.894 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 776 km² | ||||
Bañado por | Guaire River (en) | ||||
Altitude | 920 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Diego de Losada (en) | ||||
Creación | 25 de xullo de 1567 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Helen Fernández (en) (2015–2017) Alí Mansour Landaeta (pt) (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 1010-A | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 212 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gdc.gob.ve |
Caracas, cidade fundada o 25 de xullo de 1567 co nome de Santiago León de Caracas polo explorador español Diego de Losada é a capital da República Bolivariana de Venezuela,[1] e o maior centro administrativo, financeiro, político, comercial e cultural desta nación.
A cidade ten 2 073 768 habitantes e, coa súa área metropolitana chega aos 5 000 000.
Localízase na zona costeira centro-norte do país, a uns 15 km da costa do mar Caribe, dentro dun val montañoso situado entre os 760 e os 910 msnm.
O Parque Nacional Waraira Repano, coñecido como El Cerro Ávila, unha parede de montañas que superan os 2130 m, é o accidente xeográfico que separa a cidade do litoral central, co cal se conecta a través da autoestrada Caracas-La Guaira, que conduce ao estado Vargas, así como ao principal aeroporto internacional (Maiquetía) e ao segundo porto do país (La Guaira).
A primeira autoridade civil, política e administrativa é o alcalde maior de Caracas, titular do Distrito Metropolitano de Caracas, unha entidade de coordinación político-administrativa que agrupa o municipio Libertador do Distrito Capital e os municipios de Baruta, Chacao, El Hatillo e Sucre, do estado Miranda, sen menoscabar a integridade territorial nin as competencias de ambas as entidades federais.
Caracas foi considerada como un dos centros culturais, turísticos, industriais e económicos máis importantes de América Latina.[2][3][4]
La ciudad de Caracas es la capital de la República y el asiento de los órganos del Poder Nacional.