Caribe | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Caribe |
Director | Esteban Ramírez |
Guión | Ana Istarú Esteban Ramírez |
Baseado en | Conto de Carlos Salazar Herrera |
Intérpretes | Jorge Perugorría Cuca Escribano Maya Zapata Roberto McLean Gabriel Retes Vinicio Rojas Arnoldo Ramos Leonardo Perucci Sara Astica Xinia Rubie Michelle Jones Bismark Méndez |
Música | Walter Flores |
Fotografía | Mario Cardona |
Estudio | Cinetel S.A. |
Estrea | 4 de novembro de 2004 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Costa Rica |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Caribe é un filme costarriqueño de 2004 dirixido por Esteban Ramírez. Foi protagonizado polos artistas intencionais Jorge Perugorría, Cuca Escribano e Maya Zapata.[1] O guión (coescrito entre Ramírez e Ana Istarú),[2] é unha adaptación dun conto do escritor Carlos Salazar Herrera titulado "El solitario", publicado postumamente no seu libro De amor, celos y muerte (1980).
Caribe foi a primeira longametraxe na carreira de Esteban Ramírez. A cinta mestura diversos elementos narrativos: unha mensaxe ambientalista e de denuncia social, no medio dun triángulo amoroso que conflúen na vida tormentosa do seu protagonista. Foi escollido como candidato de Costa Rica para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.