Unha caricatura é un retrato que esaxera ou distorsiona a esencia, ben dos caracteres físicos, ben dos éticos, dunha personaxe mediante procedementos moi diversos (contrastes, técnicas de degradación, léxico,...), mais creando un parecido facilmente identificábel.
Na maioría dos casos as caricaturas son cómicas ou satíricas e mesmo poden ser ruíns, crueis, hilarantes,... Cando a distorsión da realidade é aberrante chégase ó esperpento.