Castela-A Mancha

Modelo:Xeografía políticaCastela-A Mancha
Castilla-La Mancha (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°30′00″N 3°00′00″O / 39.500011, -3.000033
EstadoEspaña Editar o valor en Wikidata
CapitalToledo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.106.331 (2011) Editar o valor en Wikidata (26,51 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie79.463 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude696 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico del Lobo (2.274 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1982 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente da Xunta Editar o valor en WikidataEmiliano García-Page (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCortes de Castela-A Mancha , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ES-CM Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES42 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcastillalamancha.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450544

Castela-A Mancha[1][2][3] (en castelán: Castilla-La Mancha) é unha comunidade autónoma española que abrangue parte das rexións xeográficas de Castela e A Mancha, e está formada por cinco provincias: Albacete, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e Toledo. A capital da comunidade autónoma é Toledo. Limita con Castela e León, Comunidade de Madrid, Aragón, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Andalucía e Estremadura.

É a herdeira da rexión histórica de Castela a Nova, exceptuando a provincia de Madrid, que se decidiu que constituíse unha comunidade autónoma uniprovincial tras a división territorial de España posterior á promulgación da Constitución de 1978, e inclúe a totalidade da comarca ou rexión natural da Mancha, ao incorporarse a provincia de Albacete, que antes formaba parte da rexión de Murcia.

Réxese mediante un Estatuto, aprobado en 1983 e reformado por última vez en 2007. O estatuto establece que o poder rexional é exercido pola Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, presidido na actualidade por Emiliano García-Page, do Partido Socialista.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castelán.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manchego.
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in