Castro de Vigo

Vista do castro.

O Castro de Vigo é un castro, un antigo poboado fortificado, situado no Monte do Castro, na cidade de Vigo. Ten unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas que comprende construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización).

Está datado entre os séculos II antes de Cristo ao III despois de Cristo[1] coincidindo coa chamada Idade de Ferro en Galicia e a romanización. Nos primeiros anos do século XXI a escavación arqueolóxica é restaurada e convertida nun museo a ceo aberto.

  1. "Xacemento do Castro". Turismo de Vigo. 2012-10-29. Consultado o 2021-06-20. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in