Catalase

Catalase
Identificadores
SímboloCatalase
PfamPF00199
InterProIPR011614
PROSITEPDOC00395
SCOPe7cat / SUPFAM
OPM superfamily435
OPM protein3e4w
CDDcd00328
Catalase
Identificadores
Número EC 1.11.1.6
Número CAS 9001-05-2
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO
Estrutura da catalase.

A catalase é un encima moi común, que se encontra en case todos os organismos vivos que están expostos ao oxíxeno. Cataliza a descomposición do peróxido de hidróxeno en auga e oxíxeno.[1] A catalase ten un dos números de recambio ou kcat máis altos entre os encimas, xa que unha molécula de catalase pode converter 6 millóns[2] de moléculas de peróxido de hidróxeno en auga e oxíxeno por segundo.[3]

A catalase é un encima formado por catro cadeas polipeptídicas (tetrámero), cada unha de aproximadamente 500 aminoácidos.[4] Contén catro grupos hemo (con ferro) porfirínicos, que lle permiten ao encima reaccionar co peróxido de hidróxeno. O pH óptimo da catalase humana é de aproximadamente 7,[5] e ten un máximo bastante amplo (a taxa da reacción non cambia apreciablemente entre os pHs 6,8 e 7,5).[6] O pH óptimo doutras catalases varía entre 4 e 11 dependendo da especie.[7] A temperatura óptima varía tamén coa especie.[8]

  1. Chelikani P, Fita I, Loewen PC (2004). "Diversity of structures and properties among catalases". Cell. Mol. Life Sci. 61 (2): 192–208. PMID 14745498. doi:10.1007/s00018-003-3206-5. 
  2. M. B. V. Roberts. Biology: A Functional Approach - Google Books
  3. Goodsell DS (2004-09-01). "Catalase". Molecule of the Month. RCSB Protein Data Bank. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 2007-02-11. 
  4. Boon EM, Downs A, Marcey D. "Catalase: H2O2: H2O2 Oxidoreductase". Catalase Structural Tutorial Text. Consultado o 2007-02-11. 
  5. Maehly A, Chance B (1954). "The assay of catalases and peroxidases". Methods Biochem Anal. Methods of Biochemical Analysis 1: 357–424. ISBN 978-0-470-11017-1. PMID 13193536. doi:10.1002/9780470110171.ch14. 
  6. Aebi H (1984). Aebi, Hugo, ed. "Catalase in vitro". Meth. Enzymol. Methods in Enzymology 105: 121–126. ISBN 0-12-182005-X. PMID 6727660. doi:10.1016/S0076-6879(84)05016-3. 
  7. "EC 1.11.1.6 - catalase". BRENDA: The Comprehensive Enzyme Information System. Department of Bioinformatics and Biochemistry, Technische Universität Braunschweig. Consultado o 2009-05-26. 
  8. Toner K, Sojka G, Ellis R. "A Quantitative Enzyme Study; CATALASE". bucknell.edu. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2000. Consultado o 2007-02-11. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy