Catch Me If You Can

Catch Me If You Can
Ficha técnica
Título orixinalCatch Me If You Can
DirectorSteven Spielberg
ProdutorSteven Spielberg
Michel Shane
Walter F. Parkes
Laurie MacDonald
GuiónJeff Nathanson
Baseado enNovela de Frank Abagnale Jr.
IntérpretesLeonardo DiCaprio
Tom Hanks
Christopher Walken
Amy Adams
Martin Sheen
Nathalie Baye
MúsicaJohn Williams
FotografíaJanusz Kamiński
MontaxeMichael Kahn
EstudioAmblin Entertainment
Splendid Pictures
Kemp Company
DistribuidoraDreamWorks
Estrea2002
Duración141 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBiográfico, Comedia
Orzamento$52 000 000[2]
Recadación$352 114 312
Na rede
http://www.dreamworks.com/catchthem/jump2.html
IMDB: tt0264464 Filmaffinity: 264309 Allocine: 35973 Rottentomatoes: m/catch_me_if_you_can Mojo: catchmeifyoucan Allmovie: v249845 TCM: 411862 Metacritic: movie/catch-me-if-you-can TV.com: movies/catch-me-if-you-can Netlix: 60024942 Editar o valor en Wikidata

Catch Me If You Can é un filme biográfico dirixido por Steven Spielberg que se estreou no 2002. Baséase na vida de Frank Abagnale Jr., considerado un dos meirandes impostores da historia,[3] quen antes de cumprir 19 anos gañou millóns de dólares con cheques falsos, fíxose pasar por piloto da Pan American World Airways, médico en Xeorxia doutor, e fiscal en Luisiana.[4] O seu crime principal foi fraude con cheques, e chegou a ser tan hábil que o FBI acudiu a el para pedirlle axuda na captura doutros falsificadores.[5] Está protagonizado por Leonardo DiCaprio e Tom Hanks, con Christopher Walken, Martin Sheen e Nathalie Baye nos papeis secundarios.

O desenvolvemento do filme comezou en 1980 pero non progresou até 1997, cando os dereitos do libro autobiográfico de Abagnale foron vendidos a DreamWorks de Spielberg. David Fincher, Gore Verbinski, Lasse Hallström, Miloš Forman e Cameron Crowe foron candidatos posibles para director antes de que Spielberg decidise dirixilo. A rodaxe produciuse entre febreiro e maio de 2002. Foi un éxito da crítica e de recadación, e Abagnale tamén tivo unha reacción positiva da adaptación cinematográfica.

  1. British Board of Film Classification, ed. (13 de decembro de 2002). "CATCH ME IF YOU CAN (12A)". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. Salinger, Lawrence M., Encyclopedia of white-collar and corporate crime: A – I, Volume 1, page 418, ISBN 0-7619-3004-3, 2005.
  4. biography.com, ed. (1996). "Frank Abagnale Biography". 
  5. Hammerand, Jim (11 de decembro de 2012). Minneapolis Business Journal, ed. "Q&A: 'Catch Me if You Can' Conman Abagnale Tells How to Prevent Fraud". Consultado o 10 de febreiro de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in