Catedral de Amiens

Modelo:Xeografía físicaCatedral de Amiens
(fr) Cathédrale Notre-Dame d'Amiens Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe do interior
Imaxe
(2012)
Tipocatedral católica
personalidade xurídica Editar o valor en Wikidata
EpónimoSanta María Editar o valor en Wikidata
Parte deWay of Saint James UNESCO World Heritage Sites in France (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAmiens, Francia Editar o valor en Wikidata
Localizaciónparvis Notre-Dame Editar o valor en Wikidata
Mapa
 49°53′40″N 2°18′08″L / 49.89457, 2.3021
Características
DimensiónsNave: 42,3 (altura) m
Chapitel: 112,7 (altura) m
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 1,54 ha
zona de protección: 115 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1998 (22ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (ii) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2013 Editar o valor en Wikidata
Identificador162
Monumento histórico clasificado
Data1862
IdentificadorPA00116046
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data?, Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (ii) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2013 Editar o valor en Wikidata
Identificador162
Historia
Data de creación ou fundación1220 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2013 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata

Páxina webnotredameamiens.fr Editar o valor en Wikidata

A catedral de Amiens (en francés: Cathédrale Notre Dame d'Amiens), é unha igrexa catedralicia de culto católico baixo a advocación da Nai de Deus que está na cidade de Amiens, no departamento de Somme. É a meirande de Francia polo seu volume interior, duns 200 000 m³. Xunto coas catedrais de Chartres, Reims e Bourges, está considerada o arquetipo do estilo gótico clásico do século XIII. Inclúe tamén elementos das fases seguintes da arte gótica; en concreto, do gótico radiante –principalmente na cabeceira– e do gótico flamíxero –en particular o gran rosetón na fachada occidental, a torre norte e o cadeirado do coro. A súa lonxitude total é de 145 metros e a súa altura é de 42,30 metros, cifra que se achega ó máximo que pode soportar este tipo de arquitectura.[Cómpre referencia]

A súa reconstrución comezou en 1220, xa que existía unha edificación anterior de arquitectura románica destruída por un incendio. Foi deseñada cunha planta de cruz latina e, máis tarde, entre 1366 e 1401, foron construídas as torres da fachada.

Ten o cruceiro centralizado e a nave central está ornamentada cun rosetón sobre un friso de esculturas ao longo da parte oeste. A fachada occidental, con tres pórticos monumentais, ten unhas arquivoltas profundas, rematadas con gabletes. Esta fachada amosa un gran programa de iconografía escultórica que comprende boa parte dos episodios do Antigo e do Novo Testamento; é coñecida como a «Biblia de Amiens».

No ano 1862 foi declarada monumento histórico de Francia[1] e dende 1981 forma parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[2]

  1. Ministère de la Culture sur la base Mérimée (ed.). "Monuments historiques: Cathédrale Notre-Dame" (en francés). Consultado o 9 de febreiro de 2011. 
  2. "Patrimoni da Humanidade pola UNESCO: Cathédrale d'Amiens" (en francés). Consultado o 9 de febreiro de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy