Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(fr) Cathédrale Notre-Dame de Chartres | ||||
Tipo | catedral católica basílica menor colección | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Chartres | |||
Localización | ||||
División administrativa | Chartres, Francia | |||
Localización | rue du Cloître-Notre-Dame (en) , 16 | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Dimensións | 113 () × 16,4 () × 130 () m | |||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1,06 ha zona de protección: 62,43 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iv) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 2009 | |||
Identificador | 81 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 1862 | |||
Identificador | PA00096993 | |||
French object classified as a historical monument (en) | ||||
Stained glass windows of the cathedral of Chartres (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 1840 | |||
Identificador | PM28000078 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1145 (Gregoriano) | |||
Cronoloxía | ||||
2009 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
Actividade | ||||
Propietario | Estado francés | |||
Páxina web | cathedrale-chartres.org | |||
A catedral de Chartres, co nome completo de catedral da Asunción de Nosa Señora (en francés: cathédrale de l'Assomption de Notre-Dame), é unha igrexa catedralicia de culto católico baixo a advocación de Nosa Señora na vila de Chartres, no departamento de Eure e Loir, en Francia, a uns 80 quilómetros ao suroeste da capital, París. Así mesmo é a sé da diocese de Chartres, na arquidiocese de Tours.
Esta catedral marcou un fito no desenvolvemento do gótico e iniciou unha fase de plenitude no dominio da técnica e o estilo gótico, establecendo un equilibrio entre ambos os dous. É sumamente influente en moitas construcións posteriores que se basearon no seu estilo e as súas numerosas innovacións, como as catedrais de Reims e Amiens ás que serviu de modelo directo.
A figura máis importante na historia desta diocese foi o bispo Fulbert de Chartres, teólogo escolástico recoñecido en toda Europa.
En 1979 foi declarada, pola UNESCO, Patrimonio da Humanidade.
A construción iniciouse en 1145 e foi reconstruída após un incendio de 1194. Marca o clasicismo da arte gótica en Francia cun alzado da nave con 3 niveis: arquería, triforio e clarestorio.[1] A vasta nave, en puro estilo oxival, os adornos con estatuas finamente esculpidas de mediados do século XII e as magníficas fiestras con vidreiras dos séculos XII e XIII, todas en notábel estado de conservación, combínanse para formar unha obra inigualábel. Ten unha área superior a 10.000 m², 130 m de longo e unha largura máxima de 46 m.