Catedral de Reims

Catedral de Reims
Catedral de nosa señora de Reims
Datos xerais
País Francia
Rexión Champaña-Ardenas
TipoCatedral
AdvocaciónNosa Señora
LocalizaciónReims Francia
Coordenadas49°15′14″N 4°02′03″L / 49.253888888889, 4.0341666666667Coordenadas: 49°15′14″N 4°02′03″L / 49.253888888889, 4.0341666666667
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade (1991) xunto coa antiga abadía de Saint-Remi e o Palacio de Tau, ambos os dous en Reims.
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseDiocese de Reims
Arquitectura
Construción1211-1275
Estilogótico
Páxina web[1]
editar datos en Wikidata ]
Catedral de Notre-Dame, antiga abadía de Saint-Remi e Palacio de Tau, Reims.
Interior da catedral
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Francia
Localización49°15′14″N 4°02′03″L / 49.25389, -4.03417
TipoCultural
CriteriosI, II, VI
Inscrición1991 (15ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador601

A Catedral da nosa Señora de Reims (en francés: Cathédrale Notre-Dame de Reims), é unha catedral de culto católico romano baixo a advocación da virxe María na cidade de Reims, no departamento de Marne, en Francia, ao nordés do país, a un 160 km da capital estatal, París, é a cabeza da diocese de Reims.

Construída no século XIII, despois das catedrais de París e de Chartres, mais antes das catedrais de Estrasburgo, Amiens e Beauvais. É un dos edificios góticos de maior importancia en Francia, tanto pola súa extraordinaria arquitectura como pola súa riquísima estatuaria. En 1991, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A Catedral de Reims era, no Antigo Réxime, o lugar da consagración dos monarcas de Francia. O derradeiro Rei coroado foi Carlos X, o 28 de maio de 1825.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy