Nome completo | Caterham F1 Team |
---|---|
Bandeira | Malaisia logo Reino Unido |
Baseada en | Leafield Technical Centre Leafield, Oxfordshire, Reino Unido |
Tempadas en activo | 3 (2012-2014) |
Número de pilotos | Marcus Ericsson Giedo van der Garde Kamui Kobayashi Heikki Kovalainen Vitaly Petrov Charles Pic Will Stevens André Lotterer |
Debut | Gran Premio de Australia de 2012 |
Carreiras | 56 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Dabi de 2014 |
Caterham F1 Team foi un equipo de Fórmula Un con licenza malaia[1] con sede no Reino Unido. O equipo competiu como Caterham, por primeira vez na tempada de Fórmula Un de 2012, tras o cambio de nome do equipo, que competiu como Lotus Racing en 2011. A marca Caterham competiu no Campionato do Mundo de Fórmula Un desde 2012 ata 2014, trala adquisición do fabricante de coches deportivos británica Caterham Cars polo ex propietario e director do equipo, Tony Fernandes, formando o Grupo Caterham.[2]
En xullo de 2014, Tony Fernandes, e os seus socios anunciaron que venderan o equipo a un consorcio de investidores suízos e de Oriente Medio.[3] O nome "Caterham" utilizouse máis adiante baixo licenza logo da separación do Grupo Caterham.[4]
En outubro de 2014, Caterham entrou en administración concursal e non asistiu por primeira vez na súa historia a unha carreira, o Gran Premio dos Estados Unidos. En novembro de 2014, logo de perderse tamén o Gran Premio do Brasil, Caterham converteuse no primeiro equipo de F1 en recorrer ao crowdfunding, o que permitiulle competir no último Gran Premio de 2014 e tomar parte nos tests finais de tempada ambos celebrados en Abu Dabi.[5] O 27 de febreiro de 2015, a Federación Internacional do Automóbil (FIA) publicou unha lista revisada de participantes que incluía a Manor Marussia e eliminaba a Caterham da lista, o que significou a desaparición oficial do equipo.[6]