Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Celso Bugallo Aguiar 12 de marzo de 1947 (77 anos) Lagarei, España |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de cinema |
Período de actividade | 1999 - |
Premios | |
| |
Celso Bugallo Aguiar, nado en Lagarei (Vilalonga, Sanxenxo) o 12 de marzo de 1947, é un actor galego. É un dos actores secundarios máis coñecidos do audiovisual galego, tendo aparecido en varias series de televisión e en máis de 40 filmes, a pesar de non debutar no cine ata os 52 anos, despois de décadas no mundo do teatro. Traballou con directores como José Luis Cuerda, Alejandro Amenábar ou Fernando León de Aranoa, e foi galardoado cun Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria polo seu papel de irmán de Ramón Sampedro no aclamado filme de 2004 Mar adentro.