Cenoria

A cenoria[1] (Daucus carota', L., subespecie sativus) , é unha planta pertencente á familia das umbelíferas, tamén denominadas apiáceas. É a hortaliza máis importante e de maior consumo das pertencentes a devandita familia. É a forma domesticada da cenoria silvestre Daucus carota, oriúnda de Europa e Asia sudoccidental. Cultívase pola súa raíz moito máis grande, saborosa e de textura menos fibrosa, mais continúa sendo a mesma especie. Entre as hortalizas, pertence ao grupo das verduras.

  1. A Real Academia só acepta cenoria, pero cenoira e cenoura son variedades dialectais moi documentadas: Léxico de xeografía. Santiago de Compostela, Universidade, 1996, Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009, Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña, RAG, 2012. Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy