Cera

Cera de abellas.

As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de froitos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas.

Esquema xeral da formación dunha cera. A cera palmitato de miricilo da cera de abella está formada pola esterificación do ácido palmítico co alcohol miricílico.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy