Cerebelo

Encéfalo co cerebelo en violeta.
Posición do cerebelo.
División do tubo neural en vesículas encefálicas primarias. O cerebelo deriva do metencéfalo.
Visión posterior do mesencéfalo e do rombencéfalo en desenvolvemento. O rombencéfalo xa está divido en mielencéfalo e metencéfalo, e vense os primeiros esbozos do que será o cerebelo (placa cerebelosa).
Tinguidura de Nissl de cerebelo maduro onde se diferencia a capa molecular, a capa celular de Purkinje e a capa granular interna con neuronas granulares (100x).
Ampliación que permite comparar o tamaño e morfoloxía das células de Purkinje (grandes e con gran arborización dendrítrica) e as neuronas granulares (pequenas, redondas de coloración violeta escura) (400x).
Visión superior do cerebelo humano..
Visión inferior do cerebelo humano. Vense a cara inferior e a cara anterior do cerebelo.
Sección saxital do encéfalo humano. 1:Língula; 2:Lobuliño central; 3:Culmen; 4:Fisura prima; 5:Declive; 6:Folium; 7:Túber; 8:Pirámide; 9:Úvula; 10:Nódulo (lobo floculonodular); 11:Amigdala cerebelosa; A:Lobo anterior; B:Lobo posterior.

O cerebelo (do latín cerebellum, "cerebro pequeno") é unha rexión do encéfalo situado na zona occipital da cabeza debaixo do cerebro e detrás do tronco do encéfalo, que ten a función de integrar as vías sensitivas e as motoras. Existe unha gran cantidade de feixes nerviosos que conectan o cerebelo con outras estruturas encefálicas e coa medula espiñal. O cerebelo integra toda a información recibida para precisar e controlar as ordes que o córtex cerebral manda ao aparato locomotor a través das vías motoras.

As lesións a nivel do cerebelo non adoitan causar parálise pero si desordes relacionadas coa execución de movementos precisos, mantemento do equilibrio e a postura e aprendizaxe motora. Os primeiros estudos realizados por fisiólogos no século XVIII indicaban que os pacientes con dano cerebelar mostraban problemas de coordinación motora e movemento. Durante o século XIX comezaron a realizarse os primeiros experimentos funcionais, causando lesións ou ablacións cerebelares en animais. Os fisiólogos observaban que tales lesións xeraban movementos estraños e torpes, descoordinación e debilidade muscular. Estas observacións e estudos levaron á conclusión de que o cerebelo era un órgano encargado do control da motricidade.[1] Porén, as investigacións modernas mostraron que o cerebelo ten un papel máis amplo, e está relacionado con certas funcións cognitivas como a atención e o procesamento da linguaxe, a música, a aprendizaxe e outros estímulos sensoriais temporais.

O cerebelo describiuno por primeira vez Herófilo no século IV a. C.

  1. Fine EJ, Ionita CC, Lohr L (2002). "The history of the development of the cerebellar examination". Semin Neurol 22 (4): 375–84. PMID 12539058. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy