Ceres (planeta anano)

Ceres ⚳

Descubrimento
Descuberto por Giuseppe Piazzi
Descuberto o 1 de xaneiro de 1801
Características orbitais
Semieixo maior 2,76636 UA
Excentricidade 0,07934
Período orbital (sideral) 1680,59236 días
Período orbital (sinódico) 366,7 días
Velocidade orbital media 17,882 km/s
Inclinación orbital 10,58554 °
Número de satélites 0
Características físicas
Diámetro ecuatorial 952,4 km
Área superficial 2.800.000 km2
Masa 9,5 × 1020 kg
Densidade media 2,08 g/cm3
Gravidade superficial 0,27 m/s2
Período de rotación 9,075 Horas
Albedo 0,09
Velocidade de escape 0,51 km/s
Temperatura superficial
mín. media máx.
n.d.K ~167K 239K
Comparación entre a Terra, Ceres e a Lúa.

Ceres o 1 Ceres (símbolo: ⚳)[1] é un planeta anano do Sistema Solar, descuberto o 1 de xaneiro de 1801 por Giuseppe Piazzi mentres traballaba na compilación dun catálogo estelar. Foi primeiro considerado un planeta, despois un asteroide e desde o 24 de agosto de 2006 está considerado como un planeta anano. Conta cun diámetro de 959,2±4,8 × 932,6±9,0 km e unha superficie de 1 800 000 km², e é o máis grande asteroide do tradicional cinto de asteroides. É con moito o asteroide de maior masa no cinto de asteroides, cun 32% da masa total. Observacións recentes mostraron que é esférico, a diferenza das formas irregulares de corpos máis pequenos (e menor gravidade). A súa superficie probabelmente está feita dunha mestura de xeo de auga e varios minerais hidratados como os carbonatos e arxilas. Ceres semella estar diferenciado nun núcleo rochoso e nun manto de xeo. Podería abeirar mesmo un océano de auga líquida baixo a súa superficie, se así for, converteríao nun albo potencial na busca de vida extraterrestre.

Orixinalmente foi denominado Ceres Ferdinandea pola figura mitolóxica de Ceres (a deusa das plantas a medrar, a colleita e o amor maternal) e en honor ao rei Fernando III de Sicilia.

A magnitude aparente de Ceres abrangue desde 6,7 até 9,3, mesmo no seu máximo brillo é aínda tenue demais para velo co ollo nu. O 27 de setembro de 2007, a NASA enviou a sonda espacial Dawn ("abrente") para explorar 4 Vesta (2011-2012) e mais Ceres (2015)[2].

  1. JPL/NASA (2015-04-22). "What is a Dwarf Planet?". Jet Propulsion Laboratory. Consultado o 2022-01-19. 
  2. "NASA Spacecraft Becomes First to Orbit a Dwarf Planet". NASA/JPL. Consultado o 2018-07-02. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in