Cetotheriidae Rango fósil: Chattiano-Actual | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cetotherium riabinini | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias e xéneros | |||||||||||||||
Ver texto |
Os Cetotheriidae (cetotéridos) son unha familia de baleas da suborde Mysticeti (as que teñen na boca os filamentos chamados baleas ou barbas en vez de dentes).[1] Esta familia críase que existira desde o Oligoceno tardío ao Plistoceno temperán, cando se extinguiu. Porén, algúns estudos filoxenéticos dirixidos por Fordyce & Marx 2013 atoparon que a especie viva balea anana (Caperea marginata) forma parte tamén dos Cetotheriidae, polo que sería o único membro actual da familia; pero outros autores disputan esta clasificación ou consideran os Neobalaenidae como un grupo irmán de Cetotheriidae.