Cetotheriidae

Cetotheriidae
Rango fósil: Chattiano-Actual

Cetotherium riabinini
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Infraorde: Cetacea
Parvorde: Mysticeti
Familia: Cetotheriidae
Brandt 1872
Subfamilias e xéneros

Ver texto

Os Cetotheriidae (cetotéridos) son unha familia de baleas da suborde Mysticeti (as que teñen na boca os filamentos chamados baleas ou barbas en vez de dentes).[1] Esta familia críase que existira desde o Oligoceno tardío ao Plistoceno temperán, cando se extinguiu. Porén, algúns estudos filoxenéticos dirixidos por Fordyce & Marx 2013 atoparon que a especie viva balea anana (Caperea marginata) forma parte tamén dos Cetotheriidae, polo que sería o único membro actual da familia; pero outros autores disputan esta clasificación ou consideran os Neobalaenidae como un grupo irmán de Cetotheriidae.

  1. "Cetotheriidae". Fossilworks. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o December 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy