Charles-Augustin de Coulomb

Modelo:BiografíaCharles-Augustin de Coulomb

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1736 Editar o valor en Wikidata
Angoulême, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte23 de agosto de 1806 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
102º Presidente Academia francesa das ciencias
1801 – 1801
← Claude Berthollet (pt) TraducirRené Just Haüy → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónCollège des Quatre-Nations (pt) Traducir
École royale du génie de Mézières (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoElectromagnetismo e mecânica dos solos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Martinica
París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, enxeñeiro militar, militar, oficial, enxeñeiro, soldado Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarsoldado Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: De_Coulomb-1

Charles-Augustin de Coulomb, nado na Angoulême o 14 de xuño de 1736, finado en París o 23 de agosto de 1806, foi un físico e enxeñeiro militar francés. É recoñecido por ter descrito de xeito matemático a lei de atracción entre cargas eléctricas. Na súa honra a unidade de carga eléctrica leva o nome de coulomb (C).

Entre outras teorías e estudos débeselle tamén a teoría da torsión recta e unha análise do fallo do terreo dentro da mecánica de solos.

Foi o primeiro científico en establecer as leis cuantitativas da electrostática, ademais de realizar moitas investigacións sobre: magnetismo, rozamento e electricidade. As súas investigacións científicas están recollidas en sete memorias, nas que expón teoricamente os fundamentos do magnetismo e da electrostática. En 1777 inventou a balanza de torsión para medir a forza de atracción ou repulsión que exercen entre si dúas cargas eléctricas, e estableceu a función que liga esta forza coa distancia. Con este invento, culminado en 1785, Coulomb puido establecer o principio que rexe a interacción entre as cargas eléctricas, actualmente coñecido como lei de Coulomb: . Coulomb tamén estudou a electrización por frotamento e a polarización, e introduciu o concepto de momento magnético. O culombio ou coulomb (símbolo C), é a unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para a medida da magnitude física cantidade de electricidade (carga eléctrica).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in