Charlotte Hornets

Charlotte Hornets
Charlotte Hornets logo
Charlotte Hornets logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Sueste
Fundación 1988
Historia Charlotte Hornets (1988–2002)
Charlotte Bobcats (2004–2014)
Cores                     Púrpura, verde
Retirados 1 (13)
Localización
Cidade Carolina do Norte Charlotte, Carolina do Norte
Pavillón Spectrum Center
Capacidade 19.077 espectadores
Inauguración 21 de outubro de 2005
Persoal
Propietario(s) Michael Jordan
Director Rich Cho
Adestrador James Borrego
Títulos
Campión 0
Conferencia 0
División 0
hornets.com

Os Charlotte Hornets son un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association. O propietario da franquía é Michael Jordan, quen adquiriu o equipo no ano 2010. Xogan os seus encontros coma locais no Spectrum Center, situado no centro da cidade de Charlotte.

Os Hornets foron creados en 1988 coma un equipo de expansión, pero na tempada 2001-02 trasladáronse a Nova Orleáns. En 2004 un novo equipo de expansión, os Charlotte Bobcats, foi creado. Tras 10 tempadas co nome de Bobcats, o equipo cambiou o seu nome a Charlotte Hornets para a tempada 2014-15, un ano despois de que a franquía de Nova Orleáns renunciara ó nome de Hornets e o cambiara polo de Pelicans.[1] Ademais, a franquía de Charlotte recuperou a historia e os récords dos Hornets orixinais dos anos 1988-2002, converténdose así nunha continuación da franquía orixinal.[2]

  1. "Jordan: Bobcats changing name to Hornets". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 21 de maio de 2013. 
  2. "Charlotte Hornets Name Returns to Carolinas". NBA.com. 20 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy