Chelsea F.C.

Chelsea
NomeChelsea Football Club
Alcume(s)The Pensioners;
The Blues
Fundación14 de marzo de 1905 (119 anos)
EstadioStamford Bridge,
Londres, Inglaterra
Inauguración1910
Capacidade41.841
Propietario Roman Abramovich
Presidente Bruce Buck
AdestradorAlemaña Thomas Tuchel
LigaPremier League
2020–21
VestimentaAdidas
PatrocinadorSamsung
Na rede
http://www.chelseafc.com/
Facebook: ChelseaFC Twitter: ChelseaFC Instagram: chelseafc LinkedIn: chelsea-football-club Youtube: UCU2PacFf99vhb3hNiYDmxww TikTok: chelseafc Musicbrainz: 9819aeda-bb72-4d1f-a868-10498087e088 Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Chelsea Football Club é un equipo profesional de fútbol de Inglaterra, con sede na zona oeste de Londres. Fundado en 1905, xoga na Premier League e ten pasado a meirande parte da súa historia na elite do fútbol inglés. O Chelsea posúe catro títulos da liga inglesa, ademais de sete FA Cups, catro League Cups, catro Community Shields, dúas Ligas de Campións, unha Europa League, dúas Recopas de Europa e unha Supercopa de Europa.[1]

O primeiro grande éxito do club foi na tempada 1954-55, cando gañaron o seu primeiro campionato de liga, gañando outras varias competicións entre os anos 1960 e 1970, mais dende aquela non volveron gañar ningún título até 1997. Con todo, a última década converteuse no período máis frutuoso da historia do Chelsea, gañando catro títulos da Premier League, dous deles consecutivos nas tempadas 2004-05 e 2005-06, e chegando ás súas dúas primeiras finais da Liga de Campións, caendo na final da edición 2007-08 fronte ó Manchester United, e vencendo na edición 2011-12 fronte ó Bayern Múnic.

Stamford Bridge, situado no barrio londiniense de Fulham, ten capacidade para 41.841 espectadores e é o estadio do Chelsea dende a súa fundación. A sede social do club atópase nas aforas da freguesía de Kensington e Chelsea, no distrito de Hammersmith e Fulham. No ano 2003, o club foi mercado polo magnate do petróleo ruso Roman Abramovich.[2]

As cores tradicionais do uniforme do Chelsea son o azul da súa camiseta e dos seus pantalóns e o branco das medias. O escudo do club trocou varias veces ao longo da súa historia, tentando modernizar ou cambiar a marca. O actual emblema consta dun león cerimonial cun bastón, sendo unha versión modificada do escudo que se adoptou por primeira vez na década de 1950. O club ten a quinta media de espectadores por partido máis elevada da historia do fútbol inglés.[3] A media durante a tempada 2008-09 foi de 41.464 espectadores (o 99% da capacidade do estadio), a quinta máis alta da Premier League.

  1. Trophy Cabinet
  2. Russian businessman buys Chelsea
  3. "All Time League Attendance Records". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 03 de febreiro de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in