Nome orixinal | (en) Christopher Johnson McCandless |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de febreiro de 1968 El Segundo, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 18 de agosto de 1993 (<6 de setembro de 1992) (25 anos) Trilha Stampede, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | morte accidental, inanición |
Outros nomes | Alexander Supertramp |
Educación | Universidade Emory Carter G. Woodson High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | explorador, autor de diarios, viaxeiro |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Christopher Johnson McCandless, tamén coñecido como Alexander Supertramp, nado en El Segundo (California) o 12 de febreiro de 1968 e finado en Stampede Trail (Alasca) a mediados de agosto de 1992, foi un excursionista estadounidense que faleceu preto do Parque Nacional Denali logo de camiñar en solitario en medio dos montes de Alasca con escasa comida e equipo. A súa vida acadou sona logo da publicación en 1996 do libro de Jon Krakauer Into the Wild, baseado na súa vida, que á súa vez foi levado ao cine en 2007 na película Into the Wild, dirixida por Sean Penn e protagonizada por Emile Hirsch.