Chrysiogenetes

Chrysiogenetes
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chrysiogenetes
Clase: Chrysiogenetes Garrity and Holt 2002
Orde: Chrysiogenales Garrity and Holt 2002
Familia: Chrysiogenaceae Garrity and Holt 2002
Xéneros

Chrysiogenes Macy et al. 1996
Desulfurispira Sorokin and Muyzer 2010
Desulfurispirillum Sorokin et al. 2010

Os Chysiogenetes son un pequeno filo de bacterias introducido recentemente, que comprende só unha familia con tres xéneros: Chrysiogenes, Desulfurispira e Desulfirispirilum.

Chrysiogenes arsenatis foi illada na auga residual dunha mina de ouro australiana, e do seu xénero deriva o nome do filo (do grego chruseion, mina de ouro ; Chrysiogenes = xurdida dunha mina de ouro). É anaeróbica e reduce o arsénico, que funciona como aceptor final de electróns, usando o acetato e outros produtos orgánicos como doantes de electróns e de carbono. Pode reducir o nitrato a amoníaco vía nitrito. As súas secuencias de ARNr 16S eran únicas, polo que se clasificou no seu propio filo. Posteriormente describíronse os outros dous xéneros.[1]

  1. Macy, J. M.; Nunan, K.; Hagen, K. D.; Dixon, D. R.; Harbour, P. J.; Cahill, M.; Sly, L. I. (1996-10-01). "Chrysiogenes arsenatis gen. nov., sp. nov., a New Arsenate-Respiring Bacterium Isolated from Gold Mine Wastewater". International Journal of Systematic Bacteriology (en inglés) 46 (4): 1153–1157. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/00207713-46-4-1153. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy