Chuvia

Chuvia caendo.
Choiva sobre algunhas árbores.

A chuvia[1] ou choiva[2] é un fenómeno físico que consiste na precipitación de auga sobre a superficie da Terra. Este tipo de meteoro fórmase nas nubes. Non todas as choivas chegan ao chan: algunhas evapóranse mentres están aínda a caer, nun fenómeno que recibe o nome de virga e acontece principalmente en períodos locais de ar seco.

A choiva ten un papel básico no ciclo hidrolóxico. A cantidade de choivas mídese usando un instrumento chamado pluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da choiva, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de choivas no lugar.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chuvia.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para choiva.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy