Ciclo celular

Ciclo celular. En laranxa a interfase, dividida en tres períodos: G1, S e G2. O resto da gráfica é a fase M ou de división celular, que consta de mitose (división do núcleo) e citocinese (división do citoplasma). As células que pasan á fase G0 están en estado quiescente.[1]

O ciclo celular é un conxunto ordenado de fenómenos que se desenvolve durante toda a vida da célula, e que leva a esta a crecer e a dividirse en dúas células fillas. Todas as células orixínanse a partir doutra previamente existente.[2] O ciclo celular iníciase no momento en que aparece unha nova célula, descendente doutra que se divide, e remata no momento en que dita célula se divide e orixina dúas novas células fillas.

As células que se encontran no ciclo celular denomínanse proliferantes e as que se encontran en fase G0 chámanse células quiescentes.[3] As células quiescentes, que non están en división de forma permanente ou moi prolongada (neuronas por exemplo) non se considera que estean no ciclo celular e dise que están na fase G0.

Comparación entre a fisión binaria, mitose e meiose, tres tipos de división celular.
  1. Cooper GM (2000). "Chapter 14: The Eukaryotic Cell Cycle". The cell: a molecular approach (2ª ed.). Washington, D.C: ASM Press. ISBN 0-87893-106-6. [1]
  2. Tavassoli (1980). The cell theory: a foundation to the edifice of biology. American Journal of Patholology January; 98(1): 44. [2]
  3. Lodish, Harvey; et al. (2005). Biología celular y molecular. Buenos Aires: Médica Panamericana. ISBN 9789500613743. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in