Cidade do Vaticano

Modelo:Xeografía políticaCidade do Vaticano
Civitas Vaticana (la) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoInno e Marcia Pontificale Editar o valor em Wikidata

Lema«sen valor» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aOuteiro Vaticano Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°54′14″N 12°27′11″L / 41.904, 12.453Coordenadas: 41°54′14″N 12°27′11″L / 41.904, 12.453
Enclave enRoma e Italia Editar o valor em Wikidata
Capitalsen valor
Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación764 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.559,18 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana
lingua francesa
lingua latina Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie0,49 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoOuteiro Vaticano (77 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoPraza de San Pedro (33 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 11 de febreiro de 1929Estado soberano causado por Pactos Lateranenses Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoTeocracia
monarquía electiva
monarquía absoluta
absolute theocratic monarchy (en) Traducir
monarquía constitucional Editar o valor em Wikidata
• Papa Editar o valor em WikidataFrancisco (2013–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernorate of Vatican City State (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade Editar o valor em WikidataFernando Vérgez Alzaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoComisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano , (Escano: 7) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal00120 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.va Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+39 e +379 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísVA Editar o valor em Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iv) e (vi) Editar o valor em Wikidata
Identificador286
Ben cultural baixo protección especial
Data18 de xaneiro de 1960

Páxina webvaticanstate.va Editar o valor em Wikidata
Twitter: pontifex BNE: XX452469 Editar o valor em Wikidata

Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.

O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.

A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín "Vaticinĭum": predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy