Cidade global ou cidade de clase mundial é un concepto de cidade ideado por Saskia Sassen e definido polo departamento de Xeografía da Universidade de Loughborough, en Inglaterra, por unha serie de características debidas aos efectos da mundialización e ao constante crecemento da urbanización. Identifícanse tamén porque deixaron trazas dunha historia particular e precisa. Foron e son aínda hoxe os principais polos comerciais do globo. A súa clasificación foi realizada en 1999.