Tipo | casco vello | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España e Santiago de Compostela, España | ||||
| |||||
Características | |||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 107,59 ha zona de protección: 216,88 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | ||||
Data | 1985 (9ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (vi) | ||||
Identificador | 347 | ||||
Ben de interese cultural | |||||
A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da capital galega caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental. Foi elixida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985, satisfacendo 3 dos criterios suficientes de selección:[1]
O centro histórico da cidade medrou arredor da catedral a partir do mítico achado do sepulcro do Apóstolo Xacobe no ano 813, atraendo a peregrinación de millóns de persoas durante séculos nun dos fenómenos mais salientables da historia medieval. As edificacións que foron construídas na cidade antiga durante ás épocas románica, gótica e barroca, fixeron dela unha das zonas urbanas mais fermosas do mundo, converténdose nun lugar de culto cun grande esplendor artístico.