Cilindro

Un cilindro circular recto.
Cilindro 3D

Xeometricamente, un cilindro é unha superficie das denominadas cuádricas formada polo desprazamento paralelo dunha recta chamada xeratriz ao longo dunha curva plana, que pode ser pechada ou aberta, denominada directriz do cilindro.

Se a directriz é un círculo e a xeratriz é perpendicular a el, entón a superficie obtida, chamada cilindro circular recto, será de revolución e terá logo todos os seus puntos situados a unha distancia fixa dunha liña recta, o eixe do cilindro. O sólido encerrado por esta superficie e por dous planos perpendiculares ao eixe tamén é chamado cilindro. Este sólido é utilizado como unha superficie Gausiana.

Na xeometría diferencial, un cilindro defínese de forma xeral como calquera superficie regrada xerada por unha familia uniparamétrica de liñas paralelas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy