Epónimo | Avinguda Meridiana | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Distritos (pt) | Nou Barris | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.152 (2021) (30.977,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,36 km² | ||||
Ciutat Meridiana é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Os terreos onde se sitúa Ciutat Meridiana formaron parte da antiga cuadra de Vallbona que pertencía ao municipio de Sant Andreu de Palomar. O barrio limita co municipio de Montcada i Reixac e atópase nun val de forte pendente do cerro das Roquetes.
Foi construído a partir de 1973 nunha zona onde se debía construír un cemiterio, a súa construción supuxo unha auténtica dentada á serra de Collserola, implantando un conxunto de grandes bloques de vivendas sen os servizos urbanos e equipamentos básicos.
Algunhas destas carencias solucionáronse coa construción dun metro lixeiro, a liña 11 e a correspondente estación de Ciutat Meridiana. Tamén está preto a estación de tren de Torre del Baró.