A claymation, tamén coñecida como plastimación, é o termo que recibe a animación audiovisual de parada de imaxe (stop motion) na que se emprega plastilina, arxila, ou algún outro material completamente maleábel. O pioneiro desta técnica foi o estadounidense Art Clokey.