Clima continental

Nevada na cidade canadense de Montreal, que posúe un acentuado clima continental.

O clima continental é un clima rigoroso no cal as diferenzas de temperaturas entre inverno e verán, día e a noite, son enormes. Os veráns son quentes e os invernos moi fríos con xeadas acotío (por atinxir temperaturas baixo 0 °C) e chuvias escasas. Estas características prodúcense por localizarse no interior dos continentes ou por rexións illadas por cadeas montañas que impiden a influencia marítima.

Aínda que por clima continental entendemos aquel que con características específicas, se dá en territorios de latitude media, outros climas poden presentar influencia da continentalidade (escaso atemperamento das temperaturas por influencia do mar); así nas zonas interiores ecuatoriais do Brasil e o centro de África o clima tropical está continentalizado, pois son as maiores amplitudes térmicas diarias. Os desertos extensos como o Sáhara tamén poderían presentar un "clima con influencia continental" onde o mar non atempera. Agora ben, estritamente falando é "clima continental" unicamente o que se acha na zona de latitude media do planeta.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in