Clorofila b | |
---|---|
Clorofila b | |
Magnesio [metil (3S,4S,21R)-14-etil-13-formil-4,8,18-trimetil-20-oxo-3-(3-oxo-3-{[(2E,7R,11R)-3,7,11,15-tetrametil-2-hexadecen-1-il]oxi}propil)-9-vinil-21-forbinecarboxilatato(2-)-κ2N,N'] | |
Outros nomes β-Clorofila | |
Identificadores | |
Número CAS | 519-62-0 |
PubChem | 6450186, 11593175 (da espinaca) |
ChemSpider | 16739843 |
UNII | 5712ZB110R |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C55H70MgN4O6 |
Masa molar | 907,47 g mol−1 |
Aspecto | Verde |
Olor | Inodora |
Punto de fusión | 125 °C; 257 °F; 398 K |
Solubilidade en auga | Insoluble |
Solubilidade | Moi soluble en etanol, éter, piridina Soluble en metanol |
Absorbancia | Ver texto |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A clorofila b[1] é un tipo de clorofila que funciona como pigmento fotosintético, que colabora na absorción da enerxía da luz na fotosíntese. É máis soluble que a clorofila a en solventes polares debido ao seu grupo carbonilo. A súa cor é amarela, e absorbe principalmente luz azul.[2]
Nas plantas terrestres, as antenas recolectoras de luz arredor do fotosistema II conteñen a maioría da clorofila b da planta. Por tanto, en cloroplastos adaptados á sombra, que teñen unha proporción incrementada de fotosistema II en relación ao fotosistema I, hai unha menor proporción de clorofila a con respecto á b.[3] Isto é adaptativo, xa que o incremento de clorofila b aumenta o intervalo de lonxitudes de onda absorbidas polos cloroplastos adaptados á sombra.