Clorofila c

Clorofila c1
Molécula de clorofila c1
Identificadores
PubChem 25245630
ChemSpider 21865345
Propiedades
Fórmula molecular C35H30MgN4O5
Masa molar 610,94 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Clorofila c2
Molécula de clorofila c2
Identificadores
PubChem 25244281
ChemSpider 21865346
Propiedades
Fórmula molecular C35H28MgN4O5
Masa molar 608,93 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Clorofila c3
Propiedades
Fórmula molecular C36H28MgN4O7
Masa molar 652,94 g mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A clorofila c é un tipo de clorofila, que funciona como pigmento fotosintético, e encóntrase en certas algas mariñas, entre as que están as Chromista fotosintéticas (por exemplo, as diatomeas e as algas pardas) e os dinoflaxelados.[1][2][3]

Ten unha cor verde-azulada e é un pigmento accesorio, que é especialmente importante na absorción de luz na rexión dos 447-452 nm.[3] Igual que as clorofilas a e b, axuda ao organismo a captar a luz e pasa cuantos de enerxía de excitación a través das antenas captadoras de luz dos fotosistemas ata o centro de reacción fotosintético. A clorofila c ten características pouco comúns porque ten unha estrutura cun anel de porfirina e carece da cola isoprenoide ou do anel D reducido, que son características típicas doutras clorofilas máis comúns de algas e plantas.[2]

A clorofila c pode aparecer en varias formas chamadas clorofilas c1, c2[3] e c3,[4] ademais de polo menos outros 8 subtipos atopados recentemente.[5]

  1. Speer, B.R. "Photosynthetic Pigments". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2010. Consultado o 2 August 2014. 
  2. 2,0 2,1 Blankenship, Robert E. (February 2002). Molecular Mechanisms of Photosynthesis. Wiley-Blackwell. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Dougherty, Ralph C.; Strain, H. H.; Svee, W. A.; Uphaus, R. A.; Katz, J. J. (May 1970). "The Structure, Properties, and Distribution of Chlorophyll c". J. Am. Chem. Soc. 92 (9): 2826–2833. doi:10.1021/ja00712a037. 
  4. Fookes, Christopher J. R.; Jeffrey, S. W. (1989). "The structure of chlorophyll c3, a novel marine photosynthetic pigment". J. Chem. Soc., Chem. Commun. (23): 1827–1828. 
  5. Zapata, Manuel; Garrido, José L.; Jeffrey, Shirley W. (2006). "Chlorophyll c Pigments: Current Status". Chlorophylls and Bacteriochlorophylls: Advances in Photosynthesis and Respiration 25: 39–53. doi:10.1007/1-4020-4516-6_3. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in