Cloroplasto

Esquema dun cloroplasto.

Os cloroplastos (do grego, chloros "verde", e plastes, "forma" ou "entidade") son orgánulos citoplasmáticos da célula encargados de realizar a fotosíntese en organismos eucariontes. Atópanse nas follas das plantas e mais en organismos protistas fotosintéticos. Os cloroplastos capturan a enerxía lumínica para conservaren enerxía libre en forma de ATP e reduciren o NADP+ a NADPH a través dun conxunto de procesos complexos chamado fotosíntese[1].

Están formados por un sistema de membranas interno onde se atopan localizados os sitios nos que de leva a cabo cada unha das partes do proceso fotosintético. Nos organismos procariontes fotosintéticos, o proceso lévase a cabo asociado a certas prolongacións cara ao interior da célula da membrana plasmática. O seu tamaño é relativamente grande, 5-10 micrómetros por 0,02-0,1 mm.

A súa orixe, consonte a Teoría endosimbionte, enténdese que foi unha cianobacteria primitiva fagocitada por unha célula, o cal explica o seu xeito de reprodución independente das mitoses da célula, que posúa ADN circular covalentemente fechado propio, dobre membrana, e ribosomas 70S, propios de bacterias.

  1. Campbell, Neil A.; Brad Williamson; Robin J. Heyden (2006). Pearson Prentice Hall, ed. Biology: Exploring Life. Boston, Massachusetts. ISBN 0-13-250882-6. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy