Clostridium acetobutylicum

Chaim Weizmann

Clostridium acetobutylicum, ATCC 824, é unha bacteria dispoñible comercialmente, ás veces chamada "organismo de Weizmann", polo nome do xudeu nacido en Rusia Chaim Weizmann. Cando era profesor na Universidade de Manchester, Inglaterra utilizou este organismo en 1916 como ferramenta bioquímica para producir ao mesmo tempo, conxuntamente, acetona, etanol e butanol a partir de amidón. O método foi descrito desde entón como o proceso ABE (proceso de fermentación Acetona Butanol Etanol), que rende 3 partes de acetona, 6 de butanol e 1 de etanol. A acetona foi utilizada na importante tarefa en tempos de guerra de producir cordita. Os alcohois foron utilizados para producir combustibles para vehículos e caucho sintético.

A diferenza dos lévedos, que só poden dixerir azucre dando etanol e dióxido de carbono, C. acetobutylicum e outros Clostridia poden dixerir soro lácteo, azucre, amidón, celulosa e quizais certos tipos de lignina, rendendo butanol, ácido propiónico, éter e glicerina.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in