Clostridium pasteurianum

Clostridium pasteurianum
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: "Firmicutes"
Clase: Clostridia
Orde: Clostridiales
Familia: Clostridiacea
Xénero: Clostridium
Especie: Clostridium pasteurianum
Winogradsky, 1895[1]
  • cepa_tipo = 5, ATCC 6013, BCRC 10942, CCRC 10942, CCT 0203, CCUG 31328, CECT 377, DSM 525, DSMZ 525, E. McCoy 5, FIRDI 942, IMET 11346, IMG 1584 b, IZ 563, JCM 1108, JCM 1408, KCTC 1674, L.S. McClung 2300, LMAU C85, LMG 3285, LMG 5709, McClung 2000, McClung 2300, McClung L.S. 2300, McClung L.S., 2300, McCoy 5, McCoy E. 5, NCDO 1845, NCFB 1845, NCIB 9486, NCIMB 9486, VKM B-1774, W-5, Winogradsky W-5[2]
Sinonimia[3]
  • Clostridium pastorianus (sic) Winogradsky 1902
  • Bacillus pasteurianus (Winogradsky 1895) Lehmann and Neumann 1907
  • Bacillus pastorianus (Winogradsky 1902) Lehmann and Neumann 1907
  • Bacillus winogradsky Matzuschita 1902
  • Butyribacillus pasteurianus (Winogradsky 1895) Orla-Jensen 1909

Clostridium pasteurianum (anteriormente chamada Clostridium pastorianum) é unha especie de bacteria descuberta en 1890 polo microbiólogo ruso Sergei Winogradsky. Foi o primeiro microorganismo de vida libre (non simbiótico) descuberto que podía fixar o nitróxeno libre do aire.[4]

Clostridium pasteurianum é un produtor de ácidos carboxílicos.[5] Ten a capacidade de converter carbohidratos a butirato, acetato, dióxido de carbono e hidróxeno molecular por medio da fermentación. Igual que Clostridium acetobutylicum, Clostridium pasteurianum tamén ten a capacidade de cambiar da produción de ácido á de substancias que se usan industrialmente como disolventes en certas condicións, Realizáronse varios intentos de documentar as súas condicións de crecemento; porén, aínda non está claro se os parámetros de crecemento que se sabe orixinan unha produción de disolventes favorable en C. acetobutylicum xogan un papel significativo na regulación do metabolismo de C. pasteurianum de xeito similar. Produce a alteración gasosa de froitas doces enlatadas e tomates e non se desenvolve a un pH inferior a 3,7.[6]

C. pasteurianum é un organismo mesófilo.[7]

  1. "Taxonomy Browser (Clostridium pasteurianum)". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  2. "Taxon passport: Clostridium pasteurianum". StrainInfo. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  3. "Clostridium pasteurianum - Taxonomy Browser". StrainInfo. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  4. Dworkin, Martin; Gutnick, David (marzo de 2012). "Sergei Winogradsky: a founder of modern microbiology and the first microbial ecologist". FEMS Microbiology Reviews 36 (2): 364–79. PMID 22092289. doi:10.1111/j.1574-6976.2011.00299.x. 
  5. Abbad-Andaloussi, Samir; Amine, Jamal; Gerard, Philippe; Petitdemange, Henri (1997-07-10). "Effect of glucose on glycerol metabolism by Clostridium butyricum". Journal of Applied Microbiology 84 (4): 515–522. PMID 9633649. doi:10.1046/j.1365-2672.1998.00374.x. 
  6. Dabrock, Bahl, Gottschalk, Birgit, Hubert, Gerhard (21 de xaneiro de 1992). "Parameters Affecting Solvent Production by Clostridium pasteurianum". Applied and Environmental Microbiology (American Society for Microbiology) 58 (4): 1233–9. PMC 195580. PMID 16348691. doi:10.1128/AEM.58.4.1233-1239.1992. 
  7. "Clostridium pasteurianum: Organism Metadata". JGI Genomes Online Database. Consultado o 29 de novembro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in