Club

Sede do club de iates de Nova York.

Denomínase club[1][2] a un grupo de persoas libremente asociadas, ou sociedade, que reúne a un número variábel de individuos que adoitan coincidir nos seus gustos e opinións artísticas, literarias, políticas, deportivos, ou simplemente nos seus desexos de relación social.

Os fins e actividades dos clubs son moi diversos e dependen do motivo polo que as persoas se asociasen: realización de actividades deportivas, intercambios de ideas, debates culturais, organización de actividades a favor de terceiros, actividades formativas e informativas en beneficio propio etc.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para club.
  2. En galego a única forma estandarizada segundo a Real Academia e os principais dicionarios de referencia é club, aínda que o lusitanismo clube está estendido na fala. Así por exemplo, encontrarmos denominacións como PEN Clube de Galicia ou Biblos Clube de Lectores.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy