Club Joventut Badalona

Joventut Badalona
Información xeral
Liga ACB
Fundación 30 de marzo de 1930
Historia Penya Spirit (1930−1932)
Centre Esportiu (1932−1939)
Juventud Badalona (1939−1978)
Cores           Verde, negro
Presidente España Juanan Morales
Adestrador España Carles Durán
Localización
Cidade España Badalona, España
Pavillón Palau Olímpic
Capacidade 12 760
Inauguración 17 de setembro de 1991
Campionatos
Euroliga 1 (1994)
Eurocup 1 (2008)
Copa Korać 2 (1981, 1990)
EuroChallenge 1 (2006)
Liga 4 (1967, 1978, 1991, 1992)
Copa 8 (1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008)
Príncipe 3 (1987, 1989, 1991)
penya.com

O Club Joventut Badalona S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Badalona, Cataluña. Fundado en 1930, é coñecido popularmente como La Penya. Actualmente compite na Liga ACB, sendo, xunto co Real Madrid, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan unha Euroliga, dúas Copa Korać, oito Copas do Rei e catro Ligas, dúas delas logradas desde a fundación da actual ACB.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta verdinegra e un pantalón negro, dáse a circunstancia que as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX. A pista de xogo e, ademais, sede oficial do club é o Pavelló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 12 500 espectadores.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy