Clyde Drexler

Infotaula de personaClyde Drexler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Clyde Austin Drexler Editar o valor em Wikidata
22 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Nova Orleáns, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSterling High School (en) Traducir
Universidade de Houston Editar o valor em Wikidata
Altura201 cm Editar o valor em Wikidata
Peso95 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata - 1998 Editar o valor em Wikidata
Influencias
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor em Wikidata
Convocado porPortland Trail Blazers Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Portland Trail Blazers
- Houston Rockets
1980-1983 Houston Cougars men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1992Torneo das Américas de 1992 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1682337 WikiTree: Drexler-321 Editar o valor em Wikidata

Clyde Austin "The Glide" Drexler, nado o 22 de xuño de 1962 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Drafteado no décimo cuarto posto da primeira rolda polos Portland Trail Blazers en 1983, Drexler desenvolveu a súa carreira deportiva entre a franquía de Oregón e os Houston Rockets, equipo no que gañou o anel de campión. Foi 10 veces All-Star e formou parte do Dream Team que gañaría a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.

Drexler foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996 e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador en 2004 e como parte do Dream Team en 2010. Tamén foi homenaxeado polos dous equipos nos que xogou sendo retirado o seu dorsal número 22 tanto nos Blazers como nos Rockets. Despois da súa retirada como xogador, adestrou durante dúas temporadas ao equipo da Universidade de Houston, precisamente onde se formara como xogador. Actualmente é comentarista deportivo nos partidos televisados dos Houston Rockets.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy